Asociación de Alumnos Marineda índice do foro A ORLA
Ex-Alumnos da ETSNM na Web de Ingeniería Marítima | Rexistrese para enviar |
| Vista Arbore | Novos antes | Tema Anterior | Próximo Tema | Abaixo |
| Envíos | Póla |
|---|---|
| LongStroke | Enviado: 19/9/2008 7:51 |
Just popping in ![]() ![]() Conectado: 19/9/2008 Dende: Despacho 24 Envios: 1 |
Ex-Alumnos da ETSNM na Web de Ingeniería Marítima Ola, estimad@s compañeir@s:
Ven de nacer un pequeno espacio virtual chamado INGENIERÍA MARÍTIMA - MÁQUINAS NAVALES no que o ex-Alumno Felipe Antelo pretende dar a coñecer os pormenores da nosa apaixoante profesión xunto coas novas relativas á tecnoloxía dos buques mercantes así como anécdotas ou experiéncias a bordo dos mesmos. O espacio http://ingenieriamaritima.spaces.live.com, patrocinado por Live Spaces, posúe as limitacións propias dun produto de Microsoft pero un fai o que pode e tenta presentar contidos de utilidade a todos aquéles que estean interesados. Podedes atopar unha introdución ó coñecemento do Marine Engineer e as súas posibilidades profesionais. Tamén existen ligazóns á Escola, á Axomaga, á Marineda, etc co fin de que os estudos de Enxeñaría Marítima ou Máquinas Navais sexan difundidos na relevancia que lles corresponde. Pra elo dispuxéronse listas de ligazóns a Navieras, Axencias de Embarque, portais de emprego marítimo, asteleiros, empresas de reparación naval, fabricantes de motores e turbinas de propulsión, etc, etc. E convinte suliñar ou destacar as ligazóns ás "websites" de imaxes e fotografías de buques así como a existencia dun Blog no que se colgan as novas de actualidade maquinista, as cales poden ser listadas segundo diferentes categorías atendendo á súa temática. Outra pequena cuestión de interese para os que "surfean" a páxina web é a zona de Arquivos na que se poden descargar textos, imaxes, aplicacións ou vídeos, todos eles coa idea de satisfacelas vosas inquedas vidas. Bueno, o webmaster espera que os contidos recollidos neste pequeno espacio virtual sexan punto de encontro das xeracións de Maquinistas Navais (xa sei que hai quen non gusta deste termo) cos futuros Enxeñeiros Marítimos. Saúdos a tod@s
|
| Vista Arbore | Novos antes | Tema Anterior | Próximo Tema | Arriba |
| Rexistrese para enviar | |



