Login
Menú Principal
San Telmo 08 : 17 de Abril
Enviado por admin on 3/4/2008 1:24:03 (292 Lecturas)
San Telmo 08

San Telmo Avogado e Protector da Xente do Mar.


Pois sí, xa chegou, xa está aquí, San Telmo, San Telmo. Das
mellores festa universitarias de Galicia e a mellor da Coruña sen
nengunha dúbida. Este ano cainos no vindeiro 17 de Abril. Esa é a
data elexida para tan fermoso e agardado día no que ir a Escola se
converte nun verdadeiro pracer.

Pero San Telmo non é só un día. San Telmo son moitos días e
horas que algúns adican para facer posible a festa e que o resto non
só debemos agradecer se non que debemos colaborar co noso gran
de area. Moitos anos temos problemas de colaboración e sempre
resulta moi amargo ir tras da xente para que se presten a botar unha
man. Un só pode pensar: Que lorcháns somos que nin sequera para ir
de festa nos movemos! Pois isto é unha realidade. Recordade que a
festa é para todos.

Como tódolos anos dende a Asociación de Alumnos Marineda
encabezamos a organización, planificación e nalgúns casos corremos
cos gastos da festa da nosa Escola. Pero nós non podemos facer
nada sen o traballo que realizan os alumnos de 1º de Máquinas e 1º
de Puente e aqueles alumnos de outros cursos que se ofrecen coma
voluntarios. Grazas a todos vós que sodes os que facedes San Telmo
posible.

Así mesmo, a Festa da Escola non sería posible sen o gran
apoio que a Dirección da Escola leva prestando dende fai anos.
Grazas.

Dende a Asociación de Alumnos desexámosche un FELíZ SAN
TELMO!!!!


VIVA SAN TELMO!!!

Páxina de Impresión Amigable Enviar esta historia a un amigo
Os comentarios son propiedade de quen os envia. Non somos responsables do seu contido.
Busca
Quen está en liña?
8 usuario(s) en liña (6 usuario(s) navegando Novas)

Membros: 0
Invitados: 8

mais ....