Login
Menú Principal
Enviado por admin on 7/2/2008 3:42:40 (156 Lecturas)


Mareira.org é unha páxina creada dende Galicia por e para as mulleres que adican a súa vida laboral as actividades do mar e do transporte marítimo.

O seu principal obxectivo e crear unha rede de mulleres profesionais da mariña mercante que realizan a súa actividade laboral tanto a bordo dos buques como noutros ámbitos directamente relacionados co sector marítimo como poden ser o despacho de buques, a inspección, o mantemento industrial ou a operación en dispositivos de servizo o tráfico marítimo, coa intención de que poidan establecer facilmente contacto entre elas e enfrontarse as dificultades do seu entorno, superando a perspectiva individual e contando co apoio e asesoramento de todo o colectivo.

Mareira.org


Enviado por admin on 5/2/2008 5:51:51 (118 Lecturas)

¿Qué é este sitio?
Este sitio é basicamente tres cousas: un servizo público, un experimento en cooperación con Google Inc. para limitar as búsquedas á referencias galegas, e unha páxina simpática para chamar a atención e por en liña dous fenómenos manifestos como son a gheada e o seseo no territorio galego.

¿Qué utilidade ten?
É o mesmo buscador de Google, saliantando os resultados galegos. Imaxina!

Pouco a pouco veredes como van mellorando as búsquedas


Enviado por admin on 5/2/2008 5:24:37 (128 Lecturas)

Os Heredeiros da Crus son unha banda de Rock do Barbanza formada a comezos dos 90. Caracterízanse polo seu uso da variante do galego local (gheada, seseo) no seu rexisto mais popular chegando ás veces ao castrapo e polas as suas letras que descreben a vida da xente xoven traballadora nos seus aspectos mais bizarros e hilarantes a ritmo de rock setenteiro.

The House of the Rising Sun es una canción de folk de los Estados Unidos. También llamada "House of the Rising Sun" o de vez en cuando "Rising Sun Blues", narra la vida de alguien que ha tenido poca fortuna en Nueva Orleans (estado de Luisiana). No se conoce exactamente a su autor ni la fecha de su creación, pero podría rastrearse su origen incluso en el siglo XIX. Dependiendo de la versión, la canción puede ser interpretada desde la perspectiva de una mujer o de un hombre. La dos versiones más conocidas son la del grupo británico The Animals de 1964, que alcanzó el nº1 en Estados Unidos y en el Reino Unido, y la de Joan Baez en 1959-60.


Aceptamos peticións!

Que a disfrutes.


Enviado por admin on 3/2/2008 19:32:40 (134 Lecturas)

Aquí vos deixo un vídeo rescatado de Youtube de o "Marineda" navegando con golfiños nun deses anos bisiestos e cos astros alineados cando sacan o pobre "Marineda".



Saudos!


Enviado por admin on 31/1/2008 19:21:40 (161 Lecturas)

Cando precisas unha foto dun petroleiro, cableiro, quimiquero ou o que sexa, incluso un barco con nome e apelido, a rede pon nas nosas mans unhas cantas páxinas de aficionados ( e non tanto ) que se adican a recoller fotografías de barcos por todo o mundo. A verdade e que é un traballo curioso. Manter unha colección fotografíca de barcos mercantes semella algo complicado. Un privilexio reservado case exclusivamente a mariños. E a algún alumno.

Deixovos os seguintes enlaces de páxinas adicadas a fotografía de buques mercantes:

Mar y Barcos --> Esta é unha das mellores.
Ships of the World --> Outra moi boa.
Navegando --> Moi ben estructurada.
Navegación y Barcos --> Páxina de un antiguo alumno da nosa Escola. Con fotos do Marineda

Hai moitas máis o longo da infinidade da rede. Eu puxen algúns exemplos paralle botar unha man rápida en caso de portada urxente para traballo sobre cuestión náutica. En fin...

Saudos!


« 1 2 3 (4) 5 6 7 ... 12 »
Busca
Quen está en liña?
8 usuario(s) en liña (6 usuario(s) navegando Novas)

Membros: 0
Invitados: 8

mais ....
Enquisas
Fotos ó azar
Noite 19