Login
Menú Principal
Enviado por admin on 3/4/2008 1:24:03 (293 Lecturas)
San Telmo 08

San Telmo Avogado e Protector da Xente do Mar.


Pois sí, xa chegou, xa está aquí, San Telmo, San Telmo. Das
mellores festa universitarias de Galicia e a mellor da Coruña sen
nengunha dúbida. Este ano cainos no vindeiro 17 de Abril. Esa é a
data elexida para tan fermoso e agardado día no que ir a Escola se
converte nun verdadeiro pracer.

Pero San Telmo non é só un día. San Telmo son moitos días e
horas que algúns adican para facer posible a festa e que o resto non
só debemos agradecer se non que debemos colaborar co noso gran
de area. Moitos anos temos problemas de colaboración e sempre
resulta moi amargo ir tras da xente para que se presten a botar unha
man. Un só pode pensar: Que lorcháns somos que nin sequera para ir
de festa nos movemos! Pois isto é unha realidade. Recordade que a
festa é para todos.

Como tódolos anos dende a Asociación de Alumnos Marineda
encabezamos a organización, planificación e nalgúns casos corremos
cos gastos da festa da nosa Escola. Pero nós non podemos facer
nada sen o traballo que realizan os alumnos de 1º de Máquinas e 1º
de Puente e aqueles alumnos de outros cursos que se ofrecen coma
voluntarios. Grazas a todos vós que sodes os que facedes San Telmo
posible.

Así mesmo, a Festa da Escola non sería posible sen o gran
apoio que a Dirección da Escola leva prestando dende fai anos.
Grazas.

Dende a Asociación de Alumnos desexámosche un FELíZ SAN
TELMO!!!!


VIVA SAN TELMO!!!


Enviado por admin on 28/3/2008 22:48:51 (204 Lecturas)

Bubén Carro de 3º de Máquinas acaba de gañar o concurso de Deseño de Camisetas San Telmo 08. O premio será 2 entradas, 2 camisetas e o deseño será portada da revista "A Babor" no mes de Abril.
















PARABENS!!!


Enviado por admin on 24/3/2008 7:40:42 (170 Lecturas)

Comezas as votacións do Concurso de Camisetas San Telmo 2008.VOTA!!!

LEEME!!!!!!!!

As votacións terán lugar mediante o sistema de enquisas da web como podedes ver a dereita desta mensaxe. Tamén vos podedes dirixir a sección de "Enquisas". Para votar só tede que selecionar o nome do deseño que desexedes e premer o boton de "Votar". Así de simple. Tedes ata o xoves 28 para facelo. O final do día o deseño con maior número de votos será o gañador do Concurso de Camisetas San Telmo 08. O premio consiste en duas entradas para a festa e dúas camisetas, ademáis de que o seu deseño será portada da revista "A Babor" o próximo mes de abril. Sorte ós participantes.


Deseño "...e tí de quen eres?" de Rubén Carro 3º Máquinas
















Deseño "Sexamos un gran organismo" de Carla Expósito 2º Máquinas












Enviado por admin on 15/3/2008 1:54:28 (147 Lecturas)


Xusto no día en que remata o prazo chegan un par de deseños para o consurso de camisetas. Éste que podedes ver, pertence a Rubén Carro de 3º de Máquinas. Vemos que se basa nesa rivalidade semificticia que existe entre Máquinas e Puente. Xa o tedes disopñible na Galería de Imaxes.

Dado que para a semana é Semana Santa aproveito para anunciar que se amplia o prazo de presentación de deseños ata o día 20 da semana que ven. Polo que as votación tamén se adiantan para os días 24, 25, 26 e 27 de Marzo.

Se hai algún rezagado que se dé presa.

O longo do fin de semana subirase o outro deseño recibido.

Saudos e felíz Semana Santa.


Enviado por admin on 12/2/2008 0:00:07 (181 Lecturas)
San Telmo 08

E xa que temos San Telmo cada vez máis próximo aquí vos deixo un par de videos do acontecido o ano pasado na mellor festa universitaria da Coruña!

Viva San Telmo !



A Churrascada.


A noite. Que gran video. Que momentazo os últimos minutos. Que me saltan as lájrimas. Grazas Serxio polo video.


(1) 2 »
Busca
Quen está en liña?
8 usuario(s) en liña (7 usuario(s) navegando Novas)

Membros: 0
Invitados: 8

mais ....
Enquisas
Fotos ó azar
Noite 21